Este é un vídeo de Lila Downs que hai moi pouco tempo visitou Pontevedra. Esta excelente intérprete de pai estadounidense e nai mexicana, comentou o importante papel que desempeña a comida na tradición cultural dese país e contou como se dá culto aos mortos a principios de novembro preparando deliciosos pratos na súa honra.
ACTIVIDADES
- Busca en Internet algunha información sobre este culto en México.
- Mira a ver se atopas algo sobre as caveiras de doce ou o pan de mortos.
- Pregunta a algunha persoa maior que che conte como eran os funerais cando él ou ela eran novos.
- Pide que che conten se celebraban algunha comida especial cando alguén morría, como se organizaba todo, quen cociñaba, quen eran as persoas convidadas.
- Tómase algunha sobremesa especial na túa casa durante eses días de primeiros de Novembro?.
- Pregunta aos teus pais ou avós se eles tomaban algunha comida ou sobremesa especial para celebrar esas festas cando eran pequenos
- No vídeo fálase de guisar un mole. investiga que é un mole.