miércoles, noviembre 28, 2007

AUGA PARA CHOCOLATE

"Auga como chocolate", película inspirada na novela do mesmo título de Laura Esquivel é unha especie de conto de fadas onde unha moza asume o papel de Cincenta ao verse obrigada, por ser a menor das irmás, a coidar para sempre da súa nai sen ter posibilidade algunha de relacionarse co home que ama, a quen casan coa súa irmá. A doce rapaza, reconverte toda a potente enerxía da súa sensualidade na elaboración dos alimentos que cociña, nas receitas que prepara e que producen un efecto sorprendente sobre os comensais. A obra planea unha boa ocasión para ver como non só as relacións privadas, senón tamén graves conflitos sociais pódense analizar desde o microuniverso doméstico.

ACTIVIDADES

  1. Pensa nalgúns personaxes femininos de contos famosos e fai unha pequena análise sobre a repartición de tarefas domésticas.
  2. No video podes ver como Tita mata unha codorniz para cociñala. Sabías que aínda hai moi pouco tempo, a xente debía saber matar un animal con destreza para podelo comer? Pregunta a alguén da túa familia se sabería facelo ou se era algo normal cando eran nenos.
  3. Podes citar algún exemplo de conto famoso no que unha rapaza ou unha muller teña un rol activo no argumento do conto e non se limite a limpar e cociñar ou a esperar no castelo a que chegue o príncipe azul?
  4. Podes acordarte dalgunha famosa pasaxe de conto onde a comida desempeñe un papel fundamental no argumento.?

No hay comentarios: