
Imaxínas que anotas cada verdura, cada bebida, cada peza de carne ou peixe, cada envoltorio que abres (ou non)?
Isto é o que fixo o fotógrafo Peter Menzel no seu libro Hungry Planet. What the world eats, que podedes consultar na biblioteca. Sorprenderanvos as enormes diferenzas do gasto semanal en aliment

Se premes nas dúas fotos levaranche a unha reportaxe fotográfica da refvista TIME baseado na obra. Verás a todas esas familias sentadas ante mesas que conteñen todos os alimentos consumidos nunha semana. Fíxache nas cantidades de alimentos, o tipo de envasado, o orzamento que aparece en dólares ao pé de cada foto e no tipo de alimentación que as fotografías suxiren.
ACTIVIDADES
- Cal é a idea principal da reportaxe?
- Que che chama máis a atención?
- En que se diferencian unhas familias doutras?
- En que se diferencian unhas mesas doutras?
- A que mesa cres tí que máis se parece a túa compra semanal?
- A que gasto se parece máis a compra semanal da túa familia?
- Cres que a familia que máis dólares gasta é a que come de forma máis saudable?
- Mira a nota que aparece ao pé das fotos e intenta descubrir algún alimento favorito que che pareza sorprendente.