martes, febrero 28, 2012

viernes, enero 20, 2012

video

martes, enero 22, 2008

Que rico...

Aquí tedes máis publicidade realacionada coa comida. Seguro que levades unha sorpresa...




1.-Que ves de especial neste anuncio?
2.-Que sensacións che produce?
3.-Cal cres que é a intención do publicista ao facer un anuncio así?
4.-Gústache?
5.-Ves máis apropiados os anuncios máis tradicionais para?
6.-Por que?

jueves, noviembre 29, 2007

In the air


Este anuncio que volveu tolos aos británicos o verán pasado, forma parte dunha campaña millonaria financiada gustosamente polo anunciante, aínda que o nome do produto é apenas visible durante un instante ao final dun clip de apenas 90 segundos. Verás que está baseado nun éxito dos 80 "In the air" de Phil Collins. Gastáronse 9.000.000 de libras nesta campaña pùblicitaria e o vídeo que tedes diante foi
visionado 500.000 veces en you tube tan só unha
semana despois do seu lanzamento.

  1. Sabes que produto se anuncia ?
  2. Cal cres ti que é a idea do publicista ao facer un anuncio no que non aparece o nome, nin se mencionan as características do produto anunciado.
  3. Cres que este tipo da publicidade é efectiva
  4. Coñeces algún anuncio nesta liña.
  5. Gústache? Porqué?

Mouth Revolution


Vas ver o primeiro dunha serie de vídeos en inglés que tratan de difundir hábitos de alimentación saudable por medio do humor.
ACTIVIDADES

  1. Cal é o argumento do vídeo?.
  2. Que é realmente mouth revolution ?
  3. No video fálase dun mouthifesto onde aparecen as seguintes
    palabras e expresions.Tradúceas : No GMO!, Keep garbage out!. No pesticides!. No artificial flavours!. Read the labels!. Eat organic!.
  4. Que che pareceu o video?
  5. Cres que o entendiches?
  6. Cres que hai algunha campaña parecida en español?
  7. Gústache?

miércoles, noviembre 28, 2007

AUGA PARA CHOCOLATE

"Auga como chocolate", película inspirada na novela do mesmo título de Laura Esquivel é unha especie de conto de fadas onde unha moza asume o papel de Cincenta ao verse obrigada, por ser a menor das irmás, a coidar para sempre da súa nai sen ter posibilidade algunha de relacionarse co home que ama, a quen casan coa súa irmá. A doce rapaza, reconverte toda a potente enerxía da súa sensualidade na elaboración dos alimentos que cociña, nas receitas que prepara e que producen un efecto sorprendente sobre os comensais. A obra planea unha boa ocasión para ver como non só as relacións privadas, senón tamén graves conflitos sociais pódense analizar desde o microuniverso doméstico.

ACTIVIDADES

  1. Pensa nalgúns personaxes femininos de contos famosos e fai unha pequena análise sobre a repartición de tarefas domésticas.
  2. No video podes ver como Tita mata unha codorniz para cociñala. Sabías que aínda hai moi pouco tempo, a xente debía saber matar un animal con destreza para podelo comer? Pregunta a alguén da túa familia se sabería facelo ou se era algo normal cando eran nenos.
  3. Podes citar algún exemplo de conto famoso no que unha rapaza ou unha muller teña un rol activo no argumento do conto e non se limite a limpar e cociñar ou a esperar no castelo a que chegue o príncipe azul?
  4. Podes acordarte dalgunha famosa pasaxe de conto onde a comida desempeñe un papel fundamental no argumento.?

martes, noviembre 27, 2007

Cousas ricas para os mortos

Este é un vídeo de Lila Downs que hai moi pouco tempo visitou Pontevedra. Esta excelente intérprete de pai estadounidense e nai mexicana, comentou o importante papel que desempeña a comida na tradición cultural dese país e contou como se dá culto aos mortos a principios de novembro preparando deliciosos pratos na súa honra.

ACTIVIDADES

  1. Busca en Internet algunha información sobre este culto en México.
  2. Mira a ver se atopas algo sobre as caveiras de doce ou o pan de mortos.
  3. Pregunta a algunha persoa maior que che conte como eran os funerais cando él ou ela eran novos.
  4. Pide que che conten se celebraban algunha comida especial cando alguén morría, como se organizaba todo, quen cociñaba, quen eran as persoas convidadas.
  5. Tómase algunha sobremesa especial na túa casa durante eses días de primeiros de Novembro?.
  6. Pregunta aos teus pais ou avós se eles tomaban algunha comida ou sobremesa especial para celebrar esas festas cando eran pequenos
  7. No vídeo fálase de guisar un mole. investiga que é un mole.

Comer, beber, amar.


Comer, beber, amar (Eat, drink, man, woman); Taiwan, 1993)
DIRECTOR: Ang Le
XÉNERO: Comedia dramática.
ARGUMENTO: O Sr. Chu, o mellor cociñeiro da cidade,vive coas súas tres fillas: a maior é unha tímida profesora, convertida ao cristianismo; a segunda é unha brillante executiva, aparentemente moi segura de si; e a pequena, unha romántica estudante, traballa nun burger (quizá tres formas de entender a vida).

Cada domingo, as fillas reúnense co seu pai para unha comida ritual tradicional chinesa (preparáronse 100 pratos expresamente para a película), onde nos decatamos das diversas peripecias profesionais, familiares e sentimentais das tres fillas.
É unha película centrada na comida porque onde unha familia non pode comunicarse entre si, é frecuente recorrer ao ritual da comida como elemento de unión.
Plantéxase o tema de educación dos fillos: o eterno conflito xeracional autoridade-liberdade, as tradicións fronte á independencia.
Pódese afirmar que manter os vínculos familiares sexa un valor pero moitos conceptos deben reformularse, por exemplo o papel das mulleres como sustentadoras únicas do mantemento das tradicións da vida familiar.

  1. Explica nunha frase a idea principal do vídeo.
  2. Que che chama a atención na forma de preparar a comida?
  3. Cres que a forma en que se cociñen os alimentos é importante?
  4. Merece a pena empregar moito tempo na cociña?
  5. Cres que o feito de sentar a comer xuntos é beneficioso para a vida familiar?
  6. Gústache a comida prefabricada?
  7. Comes normalmente xunto á túa familia ou comedes separados e por quendas?

miércoles, noviembre 07, 2007

Cultivar a terra

Durante miles de anos as persoas viviron estreitamente vencelladas á terra que lles proporcionaba valiosos alimentos constantemente ameazados por múltiples factores: pragas, seca, malas colleitas...As festividades relixiosas que hoxe coñecemos están, na súa maioría, superpostas a antigas celebracións relacionadas cos ciclos marcados pola agricultura. Todas as mitoloxías están cheas de divinidades que protexen ou perxudican a fertilidade. Esta relación tan íntima pérdese a unha velocidade vertixinosa na nosa cultura, esencialmente urbá. A comida asóciase á gran superficie, ao produto envasado, ao anuncio publicitario.
Botade unha ollada ao vídeo e pensade un momento no valor que ten os alimentos que en moitas zonas aínda son cultivados con grandes doses de esforzo, tempo e coidados infinitos porque son vitais e deles depende o sustento e a supervivencia de poboacións aínda moi vulnerables.


ACTIVIDADES

  1. Cal é a idea principal do vídeo?
  2. Que che sorprendeu máis?
  3. Que aprendiches que non souberas?
  4. Como lle chaman non vídeo ás patacas? escoitaches algunha outra palabra diferente ao español que ti utilizas normalmente?
  5. Son parecidas estas patacas ás que tí adoitas comer?
  6. Busca algunha información sobre as patacas. por exemplo, cando se introducen en Galicia aproximadamente? Que se consumía antes en Galicia en lugar dás patacas?

Máis información:

  • O mundo produce alimentos suficientes para atender as necesidades de enerxía e proteínas de cada ser humano que vive nel, pero aínda hai grandes cantidades de poboación famenta.
  • A pobreza impide que millóns de persoas poidan adquirir ou cultivar alimentos adecuados. Para aliviar a fame, a acción política ha de centrarse na eliminación dá pobreza.
  • Son esenciais o desenvolvemento agrícola, o ensino básico, a sanidade e o bo goberno.

martes, noviembre 06, 2007

Un Planeta Famento

Imaxínas que 30 familias de 24 países diferentes invítanche a pasar unha semana con eles?. Imaxínas que lles acompañas ao campo, ou a facer a compra e comes con eles todos os días desa semana?
Imaxínas que anotas cada verdura, cada bebida, cada peza de carne ou peixe, cada envoltorio que abres (ou non)?
Isto é o que fixo o fotógrafo Peter Menzel no seu libro Hungry Planet. What the world eats, que podedes consultar na biblioteca. Sorprenderanvos as enormes diferenzas do gasto semanal en alimentos e as diferentes cantidades de comida consumida en relación ao número de compoñentes da unidade familiar. Comprobaredes que non existe o que poderíamos chamar unha comida "normal". O concepto de "normalidade" ven sempre dictado pola cultura e as condicións dos lugares onde vivimos e que, desde o momento que nacemos, van modelando a nosa identidade tamén no referente a hábitos e gustos alimentarios-
Se premes nas dúas fotos levaranche a unha reportaxe fotográfica da refvista TIME baseado na obra. Verás a todas esas familias sentadas ante mesas que conteñen todos os alimentos consumidos nunha semana. Fíxache nas cantidades de alimentos, o tipo de envasado, o orzamento que aparece en dólares ao pé de cada foto e no tipo de alimentación que as fotografías suxiren.
ACTIVIDADES
  1. Cal é a idea principal da reportaxe?
  2. Que che chama máis a atención?
  3. En que se diferencian unhas familias doutras?
  4. En que se diferencian unhas mesas doutras?
  5. A que mesa cres tí que máis se parece a túa compra semanal?
  6. A que gasto se parece máis a compra semanal da túa familia?
  7. Cres que a familia que máis dólares gasta é a que come de forma máis saudable?
  8. Mira a nota que aparece ao pé das fotos e intenta descubrir algún alimento favorito que che pareza sorprendente.

O ALUMNADO DE 1º DE ESO INCORPÓRASE Á COCIÑACOOLtural

Como sabedes COCIÑACOOLtural é un proxecto coordinado desde a Biblioteca do centro e dirixido a todos os membros da comunidade escolar do noso instituto que conta coa colaboración de varios departamentos aos que aos poucos se van sumando outros.

Este curso o alumnado de primeiro de ESO vai ter unha dedicación especial ao mesmo xa que desde a materia Proxecto Interdisciplinar da que se encargan os profesores Francisco Javier Pérez Bóo e Juan García Lorenzo, incorporouse ao desenvolvemento de COCIÑACOOLtural.
Bienvenid@s e ánimo.

COCIÑACOOLtural empezou sendo unha mostra gastronómica pero sempre tendendo a obxectivos máis amplos, que van desde recuperar todas as funcións sociais, de comunicación, de asunción da propia identidade cultural que van asociadas á comida, pasando por mellorar os hábitos alimenticios en vistas á saúde, e seguindo por considerar as repercusións que o noso sistema de alimentación ten no medio, na economía mundial e na autonomía dos pobos.


A producción, transformación e consumo de alimentos son cultura, e xa que logo nestes procesos inciden múltiples factores que queremos ir comprendendo ao mesmo tempo que nos divertimos e facémonos máis conscientes das nosas decisións.


Utilizaremos este blog para compartir algunhas informacións e como medio para dar avisos.
Que nos aproveite!

domingo, abril 29, 2007

ENTREGA DE RECEITARIO E MATERIAIS DA III MOSTRA GASTRONÓMICA


O próximo mércores 2 de maio ás 18:30 na biblioteca faremos entrega aos participantes na III Mostra Gastronómica do IES Sánchez Cantón do receitario correspondente . Nesta edición complétase cun CD que ademais das recitas aporta diversos materiais sobre trastornos de conducta e cultura alimentaria.
Sortearanse tres memorias USB entre as personas que participaron ou colaboraron na organización.

martes, noviembre 07, 2006


XXXXXXXXXX XXXxxMOSTRA GASTRONÓMICA
xxxxxxxx xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx Decembro 2006
Como colaborar?
  • A confección da receita pode ser individual ou en grupo non superior a catro persoas.
  • As persoas interesadas en participar terán que cubrir as fichas que se adxuntan neste disquete de INGREDIENTES, ELABORACIÓN E VIVENCIAS, enchendo todos os datos.
  • Entregarase o disquete coas fichas, unha vez cubertas, antes do 30 de novembro na Biblioteca.
  • A entrega das fichas supón o compromiso de elaborar esa receita, para 4 ou 6 persoas, na súa casa e traela para a data que se sinale para a Mostra Gastronómica.

    Entregarase o receitario completo a cada participante.

viernes, junio 16, 2006

PRESENTÁMOSVOS 34 RECEITAS DIFERENTES

MIRA, COCIÑA E COMENTA

jueves, junio 15, 2006

LOMO AO PEMENTO


jueves, junio 08, 2006

TARTA DE QUEIXO


TARTA DE LARANXA E CHOCOLATE


ROSQUILLAS


FILLOAS


PESTIÑOS


FILLOAS


POLBO Á FEIRA


miércoles, junio 07, 2006

BAVAROISE DE CHOCOLATE


"ALFAJORES DE MAIZENA"


FILLOAS


BISCOITO


TARTA SACHER


TOSTAS DE POLO CON SALSA MEXICANA


martes, junio 06, 2006

HORNAZO


TARTA DE QUEIXO


COCADAS



TARTA DE IOGUR


XELATINA DE COCO


lunes, junio 05, 2006

ROSQUIÑAS




LASAÑA


TARTA DE GALLETA


viernes, junio 02, 2006