miércoles, noviembre 07, 2007

Cultivar a terra

Durante miles de anos as persoas viviron estreitamente vencelladas á terra que lles proporcionaba valiosos alimentos constantemente ameazados por múltiples factores: pragas, seca, malas colleitas...As festividades relixiosas que hoxe coñecemos están, na súa maioría, superpostas a antigas celebracións relacionadas cos ciclos marcados pola agricultura. Todas as mitoloxías están cheas de divinidades que protexen ou perxudican a fertilidade. Esta relación tan íntima pérdese a unha velocidade vertixinosa na nosa cultura, esencialmente urbá. A comida asóciase á gran superficie, ao produto envasado, ao anuncio publicitario.
Botade unha ollada ao vídeo e pensade un momento no valor que ten os alimentos que en moitas zonas aínda son cultivados con grandes doses de esforzo, tempo e coidados infinitos porque son vitais e deles depende o sustento e a supervivencia de poboacións aínda moi vulnerables.


ACTIVIDADES

  1. Cal é a idea principal do vídeo?
  2. Que che sorprendeu máis?
  3. Que aprendiches que non souberas?
  4. Como lle chaman non vídeo ás patacas? escoitaches algunha outra palabra diferente ao español que ti utilizas normalmente?
  5. Son parecidas estas patacas ás que tí adoitas comer?
  6. Busca algunha información sobre as patacas. por exemplo, cando se introducen en Galicia aproximadamente? Que se consumía antes en Galicia en lugar dás patacas?

Máis información:

  • O mundo produce alimentos suficientes para atender as necesidades de enerxía e proteínas de cada ser humano que vive nel, pero aínda hai grandes cantidades de poboación famenta.
  • A pobreza impide que millóns de persoas poidan adquirir ou cultivar alimentos adecuados. Para aliviar a fame, a acción política ha de centrarse na eliminación dá pobreza.
  • Son esenciais o desenvolvemento agrícola, o ensino básico, a sanidade e o bo goberno.

No hay comentarios: