martes, noviembre 06, 2007

Un Planeta Famento

Imaxínas que 30 familias de 24 países diferentes invítanche a pasar unha semana con eles?. Imaxínas que lles acompañas ao campo, ou a facer a compra e comes con eles todos os días desa semana?
Imaxínas que anotas cada verdura, cada bebida, cada peza de carne ou peixe, cada envoltorio que abres (ou non)?
Isto é o que fixo o fotógrafo Peter Menzel no seu libro Hungry Planet. What the world eats, que podedes consultar na biblioteca. Sorprenderanvos as enormes diferenzas do gasto semanal en alimentos e as diferentes cantidades de comida consumida en relación ao número de compoñentes da unidade familiar. Comprobaredes que non existe o que poderíamos chamar unha comida "normal". O concepto de "normalidade" ven sempre dictado pola cultura e as condicións dos lugares onde vivimos e que, desde o momento que nacemos, van modelando a nosa identidade tamén no referente a hábitos e gustos alimentarios-
Se premes nas dúas fotos levaranche a unha reportaxe fotográfica da refvista TIME baseado na obra. Verás a todas esas familias sentadas ante mesas que conteñen todos os alimentos consumidos nunha semana. Fíxache nas cantidades de alimentos, o tipo de envasado, o orzamento que aparece en dólares ao pé de cada foto e no tipo de alimentación que as fotografías suxiren.
ACTIVIDADES
  1. Cal é a idea principal da reportaxe?
  2. Que che chama máis a atención?
  3. En que se diferencian unhas familias doutras?
  4. En que se diferencian unhas mesas doutras?
  5. A que mesa cres tí que máis se parece a túa compra semanal?
  6. A que gasto se parece máis a compra semanal da túa familia?
  7. Cres que a familia que máis dólares gasta é a que come de forma máis saudable?
  8. Mira a nota que aparece ao pé das fotos e intenta descubrir algún alimento favorito que che pareza sorprendente.

No hay comentarios: