martes, noviembre 06, 2007

O ALUMNADO DE 1º DE ESO INCORPÓRASE Á COCIÑACOOLtural

Como sabedes COCIÑACOOLtural é un proxecto coordinado desde a Biblioteca do centro e dirixido a todos os membros da comunidade escolar do noso instituto que conta coa colaboración de varios departamentos aos que aos poucos se van sumando outros.

Este curso o alumnado de primeiro de ESO vai ter unha dedicación especial ao mesmo xa que desde a materia Proxecto Interdisciplinar da que se encargan os profesores Francisco Javier Pérez Bóo e Juan García Lorenzo, incorporouse ao desenvolvemento de COCIÑACOOLtural.
Bienvenid@s e ánimo.

COCIÑACOOLtural empezou sendo unha mostra gastronómica pero sempre tendendo a obxectivos máis amplos, que van desde recuperar todas as funcións sociais, de comunicación, de asunción da propia identidade cultural que van asociadas á comida, pasando por mellorar os hábitos alimenticios en vistas á saúde, e seguindo por considerar as repercusións que o noso sistema de alimentación ten no medio, na economía mundial e na autonomía dos pobos.


A producción, transformación e consumo de alimentos son cultura, e xa que logo nestes procesos inciden múltiples factores que queremos ir comprendendo ao mesmo tempo que nos divertimos e facémonos máis conscientes das nosas decisións.


Utilizaremos este blog para compartir algunhas informacións e como medio para dar avisos.
Que nos aproveite!

No hay comentarios: